Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SARREAUS CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO

16 Xun 2017

É para o servizo de auxiliar de axuda a domicilio

O concello de Vilar de Barrio publica no BOP do 16 de xuño, por resolución da alcaldía do 06 de xuño de 2017, a aprobación das bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo “Auxiliar de axuda a domicilio”. Xustificación da necesidade: contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2017, cando sexa necesario por aumento de horas concedidas, de prestación do servizo de axuda a domicilio na modalidade de dependencia ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada a determinar segundo a necesidade de cada momento. O servizo depende dos servizos sociais, axuda no fogar do Concello de Sarreaus. O sistema de selección é por concurso de méritos. A duración do contrato dependerá da necesidade de contratación. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación no BOP (16/6/17), no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas Máis información nas bases especificas da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello de Sarreaus en horario de oficina e na sede electrónica http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/

Volver