O CONCELLO DE SANDIÁS OFERTA UN CONTRATO DE AUXILIAR
Trátase dun contrato de tres meses de duración
O concello de Sandiás fai público no BOP do mércores 18 de maio que, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación dunha persoa para a atención da biblioteca e da Casa da Lagoa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición:
1. Número e denominación das prazas: auxiliar para a atención da biblioteca e do Centro de Interpretación Casa da Lagoa
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal. Tres meses.
3. Xornada: completa.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste
anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte) ou por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015.
1. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do Concello situado nas oficinas municipais, na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e na súa páxina web (www.sandias.es).
2. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello (www.sandias.es), sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

