O CONCELLO DE SANDIAS OFERTA TRES POSTOS TEMPORAIS
Son prazas para pións da brigada para protección do medio ambiente
O concello de Sandiás, oferta a contratación de tres persoas para pións da brigada do servizo municipal para protección do ambiente e do espazo natural. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato é de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. O prazo e lugar de presentación de solicitudes, é de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao publicación deste anuncio no BOP (8/6/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello, situado nas oficinas municipais e na súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es) e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.

