Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS OFERTA 10 PRAZAS TEMPORAIS

01 Xul 2016

Son pra conformar dúas brigadas de incendios

O concello de Sandiás, unha vez aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2016, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado fondos FEADER). Trátase de 8 traballador@s como pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución, 2 traballador@s como xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, sendo a modalidade de contratación contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo cunha duración do contrato de tres meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso. O prazo e lugar de presentación de solicitudes, ante a necesidade da contratación e cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, é de cinco días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (1/7/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello, situado nas oficinas municipais e na súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranos exclusivamente na páxina web do concello. (www.sandias.es) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver