Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

25 Xun 2020

É para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Sandiás fai pública no BOP do 25 de xuño a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego do concello de Sandiás para o desempeño de postos de auxiliar de axuda no fogar por esgotamento da lista anterior. Por acordo da Alcaldía, do 18 de xuño, aprobouse a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo auxiliar de axuda no fogar por esgotamento do listaxe anterior en chamamento.
Duración da bolsa de emprego: durante o 2020.
Xustificación da necesidade: contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2020,
cando sexa necesario, así tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na  modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
2. Xornada: por determinar segundo a necesidade de cada momento.
3. Servizo: servizos sociais, axuda no fogar do concello de Sandiás.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: debido á urxencia da contratación para a prestación do servizo é de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte), e nos termos expresados nas bases.
1.O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, sede electrónica e súa páxina web (www.sandias.es).
2.Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello de Sandiás, sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.

Volver