Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SANDIAS CREA DUAS NOVAS BOLSAS DE EMPREGO

10 Nov 2016

Son listaxes para auxiliar de axuda no fogar e auxiliar de atención a velorios

O concello de Sandiás acordou a aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para o desempeño de postos de auxiliar de axuda no fogar. Por acordo da alcaldía do 7 de novembro de 2016, aprobaron as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo "Auxiliar de axuda no fogar". A duración da bolsa de emprego abranguerá o 2017, prorrogable por un ano máis. A xustificación da necesidade é a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2017, cando sexa necesario, así tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións,permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, quedando por determinar segundo a necesidade de cada momento. Pertencen aos servizos sociais, axuda no fogar do concello de Sandiás. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e a duración do contrato será segundo a necesidade da contratación. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 6 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (10/11/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais e súa páxina web www.sandias.es. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás

Do mesmo xeito, o concello tamén acordou a aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para o desempeño do posto de "Auxiliar de atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local", por acordo da Alcaldía do 7 de novembro de 2016, quedando aprobadas as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo de "Auxiliar de atención de velorios,centro social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local". A duración da bolsa de emprego abranguerá o ano 2017, prorrogable por un ano máis. A xustificación da necesidade é a contratación temporal de auxiliar para a realización do servizo indicado no ano 2017, cando sexa necesario, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo do traballador actual. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, quedando por determinar a xornada segundo a necesidade de cada momento. Pertence ó servizo de atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local". O sistema de selección será por concurso de méritos, e a duración do contrato segundo a necesidade da contratación. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 6 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais e súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás

Volver