O CONCELLO DE SANDIÁS CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO
Son para auxiliares de axuda no fogar e para atención de velorios, centro social, traballos de limpeza e outras tarefas
O concello de Sandiás fai público no BOP do 15 de outubro a aprobación da constitución de dúas bolsas de emprego para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2019 e auxiliares de atención de velorios, Centro Social, traballos de limpeza e outras tarefas.
Aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2019, cando sexa necesario para a prestacióndo servizo de axuda no fogar, tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. Por Resolución da Alcaldía do 8 de outubro de 2018, aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2019, cando sexa necesario para a prestación do servizo de axuda no fogar, tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas,vacacións, permisos e outros ceses temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. Duración da bolsa de emprego: durante 2019 prorrogable por un ano máis Xustificación da necesidade: a necesidade de contar cunha bolsa de emprego que facilite a inmediata contratación de persoas para a prestación do servizo de axuda a domicilio no caso de contar con máis horas concedidas no caso da prestación do servizo de dependencia, contar con mais recursos para unha maior prestación do servizo ou cubrir e non deixar o servizo descuberto no caso de ausencia das traballadoras actuais por calquera dos supostos previstos na lexislaciónactual.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
2. Xornada: a determinar segundo a necesidade de cada momento.
3. Servizo: servizo de axuda no fogar do Concello de Sandiás.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica.Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.
Aprobación da constitución dunha bolsa de emprego de auxiliares de atención de velorios, Centro Social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local. Por Resolución da Alcaldía do 5 de outubro de 2018, aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de emprego de auxiliares para atención de velorios, Centro Social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases deréxime local. Duración da bolsa de emprego: durante o 2019 prorrogable por un ano máis. Xustificación da necesidade: contratación temporal de auxiliar para atención de velorios, Centro Social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local durante o ano 2019, cando sexa necesario.
1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
2. Xornada: a determinar segundo a necesidade de cada momento.
3. Servizo: atención de velorios, Centro Social, traballos de limpeza e outras tarefas dentro dos servizos de competencia obrigatoria dos concellos previstos na Lei 7/1985 de bases de réxime local.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.
6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.

