Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

14 Out 2020

Son para atención do Punto de Atención á Infancia e para o Servizo de Axuda no Fogar

O concello de Sandiás fai públicas por resolución da alcaldía, do 10 de marzo e do 6 de outubro de 2020, a aprobación das bases para a constitución dunha bolsa de emprego de persoal do Punto de Atención á Infancia e para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o período 2021-2023 cando sexa necesario para a prestación do servizo de axuda no fogar, tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais.. Duración da bolsa de emprego: ata o ano 2024 (PAI) incluído Xustificación da necesidade: contratación temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia ata o ano 2024, cando sexa necesario e 31 de decembro de 2023 (axuda no fogar). Xustificación da necesidade: a necesidade de contar cunha bolsa de emprego que facilite a inmediata contratación de persoas para a prestación do servizo de axuda a domicilio no caso de contar con máis horas concedidas no caso da prestación do servizo de dependencia, contar con máis recursos para unha maior prestación do servizo ou cubrir e non deixar o servizo descuberto no caso de ausencia das traballadoras actuais por calquera dos supostos previstos na lexislación actual.

1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

2. Xornada: segundo a necesidade.

3. Servizo: Punto de atención á Infancia, mestre ou educador e servizo de axuda no fogar do concello de Sandiás.

4. Sistema de selección: concurso de méritos e concurso.

5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.

6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver