Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

10 Mai 2021

É unha bolsa de emprego deica a fin do 2023

O concello de Sandiás fai pública no BOP do 10 de maio a aprobación da constitución dunha bolsa de emprego para o desempeño do posto de traballador/a social. Por resolución da alcaldía, do día 30 de abril de 2021, aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para o posto de traballador/a social.

Duración da bolsa de emprego: ata o 31 de decembro de 2023.

Xustificación da necesidade: contratación temporal de traballador/a social ata o ano 2023, cando sexa necesario.

1. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

2. Xornada: completa.

3. Servizo: Servizos Sociais, traballador social do concello de Sandiás.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Duración do contrato: segundo a necesidade da contratación.

6. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.30 h.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais, na páxina web (www.sandias.es) e na sede  electrónica.

Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello de Sandiás, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver