Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIÁS BUSCA UN/HA AUXILIAR PARA A BIBLIOTECA

19 Xun 2020

Ofertan un contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo

O concello de Sandiás fai público no BOP do 19 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación dunha persoa para a atención da biblioteca e da Casa da Lagoa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición (Subvención Mocidade da Deputación Provincial de Ourense):
1.- Número e denominación das prazas: auxiliar para a atención da biblioteca e do Centro de Interpretación Casa da Lagoa
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco día hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30h (se o día en que finalice o prazo de  presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte) ou calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015.
1. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello, situado nas oficinas municipais, na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e na súa páxina web (www.sandias.es).
2. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver