Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SANDIAS BUSCA CATRO PIÓNS DE OBRAS PÚBLICAS

15 Xun 2020

Oferta contratos de tres meses de duración

Unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación de persoal para unha brigada municipal de obras no concello de Sandiás, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso-oposición no BOP do 15 de xuño:

1.- Número e denominación das prazas:

- Catro traballadoras/es como pións de obras públicas.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo para a realización das tarefas descritas nas bases.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).

6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal)

7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás

Volver