O CONCELLO DE SANDIÁS ABRE UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR E CONVOCA DÚAS PRAZAS DE AUXILIARES DE ATENCIÓN NA BIBLIOTECA
A bolsa de auxiliares de axuda no fogar ten caracter urxente
O concello de Sandiás publica no BOP de hoxe, día 27 a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da
bolsa de emprego do Concello de Sandiás para o desempeño de postos de auxiliar de axuda no fogar por esgotamento da lista anterior. Polo acordo da alcaldía do 25 de maio de 2016, aprobaron a convocatoria extraordinaria e urxente para formar parte da bolsa de emprego para persoas que realicen o servizo "Auxiliar de axuda no fogar" por esgotamento da listaxe anterior, debido ao aumento de horas asignadas pola Xunta de Galicia ao Concello de Sandiás. A duración da bolsa de emprego abranguerá o 2016, prorrogable por un ano máis. A xustificación da necesidade é a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar durante o ano 2016, cando sexa necesario, así tamén por aumento de horas concedidas de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, ou cando se trate de cubrir baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación do servizo das traballadoras actuais. A modalidade de contratación será laboral temporal
para obra ou servizo determinado, estando a xornada por determinar segundo a necesidade de cada momento, pertencentes aos servizos sociais, axuda no fogar do Concello de Sandiás. Para o sistema de selección optan polo concurso de méritos. A duración do contrato virá determinada pola necesidade da contratación. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes, debido á urxencia da contratación para a prestación do servizo é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás, situado nas oficinas municipais e súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.
Do mesmo xeito tamén ficaron aprobadas as bases de selección para a contratación de dúas persoas para atención da Biblioteca e da Casa da Lagoa, e publican o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Subvención Mocidade da Deputación Provincial de Ourense). Trátase de dúas prazas para auxiliares para atención da Biblioteca e da Casa da Lagoa, sendo a modalidade de contratación contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de tres meses, e o sistema de selección por concurso. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello situado nas oficinas municipais e na súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás

