Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN XOAN DE RIO CONSTITUE UNHA BOLSA DE TRABALLO

11 Abr 2017

O concello de San Xoan de Río, por resolución de alcaldía núm.25 de data 6 de abril de 2017, aprobou as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo para a selección de persoal laboral para substitución e/ou apoio dos distintos servizos municipais e creación de bolsa de emprego neste concello, en réxime de persoal laboral temporal. As bases están a dispor dos aspirantes na casa do concello de San Xoán de Río, onde poderán recollelas, praza do concello n.º 1, San Xoán de Río (Ourense) ou solicitalas no correio-e concello@concellosanxoanderio.com e no fax. 988/346130. O prazo para a entrega de solicitudes comezará a contar dende o dia seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Ourense.

Volver