O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
É para persoal laboral temporal
O concello de San Cristovo de Cea fai público no BOP do sábado 3 de xuño o expedente 360/2023, relativo á creación dunha bolsa de auxiliares de axuda a domicilio
Mediante a resolución da alcaldía do 24/05/202, aprobáronse as “Bases reguladoras da creación dunha bolsa de emprego para a contratación de auxiliares do servizo de axuda no fogar do concello de San Cristovo de Cea”, como persoal laboral temporal, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As bases póñense á disposición dos/as interesados/as, na secretaría do concello de San Cristovo de Cea e no taboleiro de anuncios da sede electrónica da entidade: concellosancristovodecea.sedelectronica.gal