Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

17 Xul 2021

É para o servizo de axuda no fogar e o servizo urbanístico

O concello de San Cristovo de Cea fai público no BOP do 17 de xullo que por acordo da xunta de goberno local do 15 de xullo de 2021, aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego relativa ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar, e do Servizo Urbanístico Municipal (arquitecto/a).

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse este anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou presentaranse no rexistro electrónico Xeral deste concello [http://concellodecea.sedelectronica.gal] ou nalgún dos lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Poderán consultar máis información das bases específicas da convocatoria no taboleiro de anuncios do concello, na súa web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello.

Volver