Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA BUSCA PERSOAL PARA O SEU OBRADOIRO DE EMPREGO

28 Nov 2020

Oferta os postos de director/a, administrativo/a e docentes

O concello de San Cristovo de Cea fai público no BOP do sábado 28 de novembro por acordo da xunta de goberno local, con data 25 de novembro de 2020, a aprobación das bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente e de apoio, do proxecto Obradoiro Dual de Emprego denominado “Os Arrieiros”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Irixo.

Clase de persoal: laboral temporal.

Duración: 9 meses

Prazas convocadas: director/a, persoal administrativo/a e persoal docente.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello de San Cristovo de Cea en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Irixo.

Volver