O CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA OFERTA UN POSTO TEMPORAL
É para un/ha auxiliar do punto de información turística
O concello de San Cristovo de Cea fai públicas no BOP do 3 de marzo as bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto de traballo de auxiliar de información turística
Obxecto da convocatoria
É obxecto desta convocatoria pública, polo sistema de concurso-oposición, a contratación, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulada no artigo 15.1a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores, dos postos de traballo que a continuación se relacionan:
- Un/unha auxiliar do punto de información turística para a atención no Museo Olimpio Liste de Oseira (San Cristovo de Cea).
Duración máxima: seis meses.
Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

