Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CRISTOBO DE CEA APROBA AS BASES PARA UN PROCESO SELECTIVO

25 Abr 2017

Son prazas para auxiliar de axuda no fogar

O concello de San Cristobo de Cea, por acordo da xunta de goberno local de data 27 de marzo de 2017, aprobou as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo de prazas relativas a auxiliar do servizo de axuda no fogar. Será persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP (25/4/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Podes consultar mais información nas bases específicas da convocatoria no taboleiro de anuncios e na páxina Web do concello.

Volver