Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS OFERTA CATRO POSTOS DE TRABALLO

11 Feb 2021

Son para pións de xardinaría

O concello de San Cibrao das Viñas fai públicas no BOP do 11 de febreiro as bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir catro postos de traballo de pións de xardinaría.

1.- Obxecto da convocatoria
É obxecto desta convocatoria pública polo sistema de concurso-oposición, a contratación baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulado no artigo  15.1 a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores, dos postos de traballo que a continuación se relacionan:
- Catro pións de xardinaría a xornada completa para o servizo de mantemento de parques e xardíns ata o 31/12/2021.

Se queres ollar as bases completas abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver