Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE SAN AMARO OFERTA TRES PRAZAS

17 Xun 2016

Son contratos temporais para tres prazas de pións

O concello de San Amaro fai unha convocatoria de selección de persoal laboral temporal por concurso de méritos de dous peóns de servizos varios e un peón albanel con cargo á subvención de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por obra ou servizo a xornada parcial (6 horas/día) cunha duración aproximada de 3 meses. As bases da convocatoria poderán obterse nas oficinas municipais, sendo o prazo para a presentación de solicitudes de cinco días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste edicto no BOP (17/06/16)

Volver