O CONCELLO DE SAN AMARO OFERTA TRES POSTOS DE PIONS
Publican tamén as bases do proceso
O concello de San Amaro fai pública a convocatoria de selección de persoal laboral temporal por concurso de méritos de tres pións de servizos varios con cargo á subvención de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense. Modalidade de contratación: contrato aboral temporal por obra ou servizo a xornada parcial (6h/día) cunha duración aproximada de 5 meses. As bases da convocatoria poderán obterse nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico do concello (concello.de.sanamaro@eidolocal.es), sendo o prazo para a presentación de solicitudes de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste edicto no BOP, de luns a venres en horario de 09.00 h a 14.00 horas.

