Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SAN AMARO OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

23 Xun 2020

Crearán a brigada contra incendios forestais

Convocatoria do concello de San Amaro de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2020, (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural) feita pública no BOP do 23 de xuño.

Número e denominación de postos:

- Un/ha xefa/e de brigada

- Un/ha pión-condutor/a

- Tres pións

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración del contrato: máximo 3 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais, solicitando cita previa no teléfono 988 288 001 / 988 288 050, na sede electrónica do concello (https://sanamaro.sedelectronica.gal) ou a través do correo electrónico do concello (concello.de.sanamaro@eidolocal.es).

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP, de luns a venres, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, con cita previa no teléfono 988 288 001 / 988 288 050.

Volver