Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE SAN AMARO OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO

17 Xun 2021

Son ofertas para pións, pións condutor@s e xefa/e de brigada forestal

O concello de San Amaro fai pública no BOP do 17 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para unha brigada de prevención e extinción de incendios 2021 (convenio de colaboración coa consellaría do Medio Rural)

Número e denominación dos postos:

1 xefe/a de brigada

1 pión condutor/a

3 pións.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a tempo completo.

Duración do contrato: máximo 3 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais, solicitando previa cita nos teléfonos 988 288 001 ou 988 288 050, na sede electrónica do concello (https://sanamaro.sedelectronica.gal) ou a través do correo electrónico do concello (concello.de.sanamaro@eidolocal.es).

Prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tras solicitar cita previa nos teléfonos 988 288 001 ou 988 288 050.

Volver