Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RUBIA OFERTA UN POSTO DE TRABALLAFOR/A SOCIAL

08 Feb 2020

Trátase dun contrato a media xornada

O ooncello de Rubiá fai pública no BOP do 8 de febreiro a convocatoria do procedemento de selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto traballador/a social a media xornada para o departamento de servizos sociais da agrupación dos concellos de Carballeda de Valdeorras e Rubiá para o ano 2020. Documentación e bases: as esixidas nas bases de convocatoria, que foron aprobadas pola Alcaldía con data 30.01.2020, e poderán ser consultadas no concello de Rubiá en horas de oficina. Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta a estas bases, irán dirixidas ao alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello ou polas outras formas previstas na Lei reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 5 días hábiles dende a publicación no BOP de Ourense e dentro do horario de presentación de documentación que é de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Volver