Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RUBIA OFERTA UN POSTO DE TÉCNICO/A PARA O PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL

19 Nov 2019

É unha subvención da Xunta de Galicia

O concello de Rubiá fai público no BOP do 19 de novembro o seguinte procedemento de selección de persoal laboral temporal:
Denominación do posto: técnico/a para Programa de emerxencia social, por subvención da Xunta de Galicia.
Documentación e bases: as esixidas nas bases de convocatoria, que foron aprobadas pola alcaldía con data 14-11-2019 e poderán ser consultadas no concello de Rubiá en horas de oficina.
Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta a estas bases e dirixiranse ao alcalde, presentándose no rexistro xeral do concello ou polas outras formas previstas na Lei reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 7 días naturais dende a publicación no BOP de Ourense, sendo o horario de presentación de documentación de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

Volver