O CONCELLO DE RUBIÁ OFERTA CINCO POSTOS TEMPORAIS
Formarán a brigada antiincendios forestais
O concello de Rubiá fixo público na prensa de hoxe, 12 de xullo un novo procedemento de selección de persoal para cinco traballador@s. Trátase dun/ha xef@ de brigada, un/ha pión condutor e tres pións para a prestación do servizo de caracter temporal consistente na campaña de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2016, que comprenderá un período de tres meses dacordo co convenio de colaboración asinado coa consellaría do medio rural e do mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante actuacións de brigadas de prevención e defensa. Para a praza de Xef@ de brigada precísase titulación con enxeñeir@ de montes, enxeñeir@ técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais ou FP equivalente. Tamén é preciso o carné de conducir en vigor clase B. Para a praza de pión condutor precísase certificado de escolaridade ou equivalente e o carné de conducir en vigor clase B. Para as prazas de pións precísase certificado de escolaridade ou equivalente. A documentación a entregar será a esixida nas bases da convocatoria, e a presentación de instancias farase no rexistro xeral do concello ou por outros medios previstos no art 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de cinco días hábiles en horario de 9 a 14 horas (sábados de 10 a 13 horas)

