Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RUBIA BUSCA UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL

10 Dec 2021

É un contrato para o ano 2022

O Concello de Rubiá convoca o seguinte procedemento de selección de persoal laboral temporal e publica o resumo no BOP do 10 de decembro:
• Denominación do posto: traballador/a social a xornada completa para o ano 2022.
• Documentación e bases: as esixidas nas bases de convocatoria, que foron aprobadas pola Alcaldía con data 3-12-2021 e que poderán ser consultadas no concello de Rubiá, en horas de oficina.
• Instancias: as solicitudes para participar no procedemento de selección formalizaranse no modelo de instancia que se xunta ás devanditas bases, dirixiranse ao alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do concello ou polas outras formas previstas na Lei reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 7 días naturais dende a publicación no BOP de Ourense.
• O horario de presentación de documentación é: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

Volver