O CONCELLO DE RIÓS OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL
Trátase dun posto de chófer de tractor rozadora
O concello de Riós fai público no BOP do 25 de marzo o anuncio de selección de persoal para provisión do posto de traballo de chófer máquina rozadora. A alcaldía, mediante resolución de data 15 de marzo de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a unha persoa como chófer máquina rozadora no concello de Riós. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de oito días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar picando no pdf que está debaixo da fotografía.

