Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO RIOS OFERTA 16 POSTOS DE TRABALLO

06 Xun 2017

Son contratos temporais para diferentes categoría

O concello de Riós, unha vez aprobadas por resolución da alcaldía de data 30 de maio de 2017 as bases que rexerán a contratación temporal de:

Pións agrícola-forestal (3) contrato temporal a tempo completo, de duración ata 31 de decembro de 2017 por concurso-oposición.

Psicólogo/a Centro Socio-comunitario (1) contrato temporal a tempo completo, de duración ata 30 de novembro de 2017 por concurso de méritos.

Brigada de incendios

(2) xef@s de brigada, (2) pión condutoras/es  e (6) pións prevención e extinción de incendios forestais, de duración segundo a subvención concedida por concurso-oposición.

Monitor/a ludoteca: (1) contrato temporal a tempo completo, de dous meses de duración por concurso de méritos.

Persoal apoio ludoteca e PAI de Riós: (1) contrato temporal a tempo parcial, de tres meses de duración por concurso de méritos.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes, dirixidas ó alcalde, no rexistro do concello, de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP (6/6/17). As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que podes descarregar abrindo os pdf que están debaixo da fotografía.

Volver