Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RIBADAVIA OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O

07 Set 2022

É na modalidade de funcionaria/o interina/o

O concello de Ribadavia fai pública no BOP do 7 de setembro a convocatoria ao proceso de selección dunha praza de auxiliar administrativo, na modalidade de funcionario interino até a incorporación da titular da praza.
Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local do día 02.09.2022.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais seguintes ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As solicitudes, de conformidade co disposto nas bases, presentaranse no rexistro xeral do concello.
Bases da convocatoria: poderán ser consultadas na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes.
Prazas ofertadas: as previstas nas bases da convocatoria.

Volver