Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RIBADAVIA ELABORA LISTAXES PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE DIFERENTES POSTOS

06 Ago 2020

As bases están no taboleiro de anuncios do concello

O concello de Ribadavia fai público un anuncio no BOP do 6 de agosto co obxecto de facer pública a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listaxes para a provisión temporal de postos de traballo nise concello.

Órgano de aprobación: Xunta de goberno local con data 30.07.2020.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais seguintes, contados dende a publicación desta normativa no BOP e poderanse formular perante o rexistro xeral do concello de Ribadavia. As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no rexistro xeral do concello.

Bases da convocatoria: poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante
o prazo de presentación de solicitudes.

Prazas ofertadas: as previstas nas bases da convocatoria.

Volver