O CONCELLO DE RIBADAVIA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
É para a categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar
O concello de Ribadavia fai público no BOP do 11 de novembro un anuncio coa normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de postos de auxiliares de axuda no fogar no concello de Ribadavia. O órgano de aprobación foi a xunta de goberno local con data 23.10.2017. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais seguintes, contados dende a publicación deste anuncio no BOP (11/11/2017) e presentaranse no rexistro xeral do concello de Ribadavia. As solicitudes presentaranse segundo o disposto nas bases no rexistro xeral do concello. As bases da convocatoria poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes. As prazas ofertadas son as previstas nas bases da convocatoria.

