Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RIBADAVIA CONVOCA A APERTURA DE LISTAXES

09 Nov 2016

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Ribadavia publica no BOP do 9 de novembro a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar no concello de Ribadavia, aprobada pola xunta de goberno local con data 24.10.2016. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais seguintes contados dende a publicación deste anuncio (9/11/16). Poderanse formular perante o rexistro xeral do concello de Ribadavia.  As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no rexistro xeral do concello. As mencionadas bases da convocatoria poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da casa do concello, sita na Praza Maior, 4, 32400 Ribadavia, Ourense e teléfono 988 477 100 en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes. As prazas ofertadas son para auxiliares de axuda no fogar.

Volver