Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RIBADAVIA ABRE AS LISTAS DE AXUDA NO FOGAR

30 Out 2021

Dan 25 días de prazo pra inscribirse

O concello de Ribadavia fai público no BOP do 30 de outubro a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración  das listas para a provisión temporal de postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar no concello de Ribadavia.

Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local do día 19.10.2020.
Prazo de presentación de solicitudes: 25 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio. As solicitudes presentaranse, segundo o disposto nas bases, no rexistro xeral do concello de Ribadavia.
Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes.
Prazas ofertadas: auxiliar de axuda no fogar.

Volver