Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAMIRÁS OFERTA UNHA PRAZA

23 Mar 2017

É un posto para chófer de tractor rozadora

O concello de Ramirás fai público no BOP do 23 de marzo unha nova convocatoria para a contratación laboral dunha praza para chofer de tractor con rozadora. A modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado, con xornada de 40 horas/semana (luns a venres). Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición, sendo a duración do contrato até o 31.12.2017. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (23/3/2017), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver