Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAMIRÁS OFERTA UNHA PRAZA DE CONDUTOR/A DE TRACTOR ROZADORA E DÚAS PRAZAS DE PIÓNS

13 Mai 2016

Serán contratacións laborais temporais

O concello de Ramirás fixo pública a convocatoria para a contratación laboral dun chófer de tractor con rozadora e dous peóns para mantemento de infraestruturas públicas. No caso da praza de chofer de tractor con rozadora a modalidade de contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada será completa; 40 horas/semana (luns a venres). Para o sistema de selección aplicarán o concurso-oposición, sendo a duración do contrato deica o final do 2016.
Para a presentación de solicitudes haberá 8 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste
anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.
No caso das 2 prazas de pións de mantemento de infraestruturas públicas, a modalidade de contratación será  laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a xornada a tempo parcial: 30 horas/semana (luns a venres). Para o sistema de selección aplicarán un concurso-oposición, e a duración do contrato será de seis meses (6 meses).
Para a presentación de solicitudes haberá 8 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver