O CONCELLO DE RAMIRÁS OFERTA DOUS POSTOS PARA PIÓNS
Son prazas temporais a xornada completa
O concello de Ramirás fai pública no BOP do 27 de abril a convocatoria para a contratación laboral de dúas/dous pións para mantemento de infraestruturas públicas. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada a tempo completo, 40 horas/semana (luns a venres). Pra o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. A duración do contrato será de cinco meses (5 meses), e o prazo e lugar para a presentación de solicitudes será de 8 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (27/04/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

