Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAMIRAS OFERTA DEZ PRAZAS TEMPORAIS

07 Xul 2016

Son para conformar a brigada antiincendios

O concello de Ramirás fai pública a convocatoria para a contratación de 10 prazas (convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar). Trátase de 8 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais e 2 xefes de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa. O sistema de selección por concurso de méritos. A duración do contrato é de 3 meses. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Prrovincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte). O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver