O CONCELLO DE RAMIRÁS OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán a brigada antiincendios forestais
O concello de Ramirás fai pública no BOP do 10 de xullo a convocatoria de selección de persoal de brigada de incendios para as provisións dos seguintes postos de traballo:
1 xefa/e de brigada,
1 pión-condutor
3 pións
A alcaldía, mediante resolución do 2 de xullo de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación laboral temporal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web do concello de Ramirás.

