Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RAMIRÁS BUSCA PERSOAL PARA CREAR A BRIGADA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

03 Xul 2020

Son cinco postos temporais a xornada completa

O concello de Ramirás fai pública no BOP do 3 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a formación dunha brigada de incendios para a provisión dos seguintes postos de traballo:
- 1 xefa/e de brigada
- 1 pión-condutor/a
- 3 pións
A alcaldía, mediante a resolución do 30 de xuño de 2020, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación laboral temporal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As  solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina
web do concello de Ramirás

Volver