Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

06 Mai 2017

Ofrece un contrato temporal

O concello de Rairiz de Veiga fai pública a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa de data 12.04.2017 para unha praza de socorrista para a piscina municipal. O contrato laboral a formalizar será unha contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado con xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato ira deica a fin de servizo (tempada 2017). O salario bruto mensual será de 1.300,00 (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (6/5/2017), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver