O CONCELLO DE RAIRIZ OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
O concello de Rairiz de Veiga fai público no BOP do 4 de novembro a convocatoria para a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa con data 17/10/2017, para o seguinte posto:
1. Número de prazas: segundo necesidades do servizo.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Duración: do 01/01/2018 ao 31/12/2018.
4. Contrato laboral para formalizar: obra ou servizo determinado.
5. Xornada laboral: parcial, 20 horas semanais, de luns a domingo, festivos incluídos.
6. Salario bruto mensual: 529,84 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
7. Tarefas a realizar: as indicadas na Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Rairiz de Veiga (BOP n.º 177, do 03/08/2013, BOP n.º 215, do 18/09/2014 e BOP n.º 268, do 21/11/2015).
8. Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP (4/11/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 h.
9. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

