Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA BUSCA PIÓNS DE OFICIOS VARIOS

20 Feb 2021

Trátase dun contrato de tres meses de duración

O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 20 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo o decreto da alcaldesa con data 01/02/2020:

Pións oficios varios:

Número de prazas: 2

Denominación do posto: pión oficios varios.

Contrato laboral para formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Duración do contrato: 3 meses.

Salario bruto mensual: 993,19 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga  https:// rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0 

Volver