Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA

17 Xun 2016

Anuncia un posto de socorrista para a piscina municipal con contrato temporal

O concello de Rairiz de Veiga fai unha convocatoria para a contratación laboral dun/ha socorrista para a piscina municipal. O contrato a formalizar será de tipo laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada será parcial, 20 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, sendo a duración do contrato ata a fin de servizo (tempada 2016). O salario bruto mensual é de 564,67 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (17/06/16) e o lugar para presentación de solicitudes será o rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas notaboleiro de anuncios do concello.

Volver