Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA UNHA PRAZA DE SOCORRISTA ACUATICO

26 Mai 2016

Será un contrato temporal durante a tempada estival

O concello de Rairiz de Veiga convoca a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa con data 23.05.2016 para unha praza de socorrista para a piscina municipal. A contratación será laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. O sistema de selección que aplicarán será o concurso de méritos. A duración do contrato será até fin de servizo (tempada 2016). O salario bruto mensual vai a ser de 1.300,00 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para presentación de solicitudes será de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver