Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA UNHA POSTO TEMPORAL

12 Xul 2016

Trátase da praza de socorrista para a piscina municipal

O concello de Rairiz de Veiga fai a convocatoria para a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa de data 14/06/2016. Ofertan unha praza para un/ha socorrista para a piscina municipal con contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. A duración do contrato será deica fin do servizo (tempada 2016). O salario bruto mensual importará 1.129,33 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (12/7/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 13.30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

Volver