Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA UN NOVO POSTO TEMPORAL

20 Ago 2016

Convocan unha praza de auxiliar de limpeza

O concello de Rairiz de Veiga fixo pública no bop de hoxe, sábado 20 de agosto, a convocatoria para a contratación laboral, segundo decreto da alcaldesa de data 01/08/2016 para unha praza de auxiliar de limpeza. Trátase dun contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a venres. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, sendo a duración do contrato deica o fin do curso escolar 2016/2017 (até o día 30/06/2017). O salario bruto mensual será de 1.076,25 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias), e as tarefas a realizar serán a limpeza do CEIP do Concello de Rairiz de Veiga. O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver