O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO
Son para 2 operari@s de servizos varios e 1 monitor/a de tempo libre
O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 13 de xuño a convocatoria para a contratación laboral de 2 operari@s de servizos varios e 1 monitor/a de tempo libre, segundo decreto da alcaldesa de data 11/05/2017. O detalle das contratacións é o seguinte:
• Número de prazas: 2
• Denominación: operarios de servizos varios
• Contrato laboral a formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado
• Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a domingo
• Sistema de selección: concurso de méritos
• Duración do contrato: 3 meses (01/07/2017-30/09/2017)
• Salario bruto mensual: 1.065,60 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias)
• Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do
anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14:30 h
• O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello
• Número de prazas: 1.
• Denominación: monitor de tempo libre. Duración: 2 meses (01/08/2017-30/09/2017).
• Contrato laboral a formalizar: obra ou servizo determinado.
• Xornada laboral: parcial, 20 horas semanais, de luns a domingo.
• Salario bruto mensual: 570,17 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
• Tarefas a realizar: colaborar na celebración da romaría da Saínza 2017, en concreto, realizar un ‘teatriño” e confeccionar monicreques para a representación do combate de mouros e cristiáns, en colaboración cos escolares do CEIP de Rairiz de Veiga, e outras actividades de animación.
• Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14:30h
• O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello

