Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA OFERTA 4 NOVAS PRAZAS

08 Xun 2016

Son postos temporais de monitor de tempo libre, operari@s de servizos varios e condutor/a de tractor rozadora

O concello de Rairiz de Veiga fai tres novas convocatorias para  contratacións laborais. Tratase de unha praza de monitor/a de tempo libre con contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, xornada parcial, 20 horas semanais, de luns a domingo. Seleccionarán por concurso de méritos, e fixan a duración do contrato en 2 meses (01.08.2016 - 30.09.2016). O salario bruto mensual será de 570,17 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo para a presentación de solicitudes é de  5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (8/6/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicado no taboleiro de anuncios do concello.

De igual maneira fan convocatoria para a contratación laboral  de dúas prazas de operari@s de servizos varios, con contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. O sistema de selección é por concurso de méritos, sendo a duración do contrato de 3 meses (01.07.2016 - 30.09.2016). O salario bruto mensual é de 1.065,60 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo para presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (8/6/16), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14:30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Tamén convocan  a contratación laboral dun condutor/a de máquina rozadora, cun contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado. A xornada é completa, 40 horas semanais, de luns a venres. O sistema de selección será por concurso de méritos, sendo a duración do contrato do 01.07.2016 ata fin de servizo. O salario bruto mensual será de 1.176,78 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
O prazo para a presentación de solicitudes é de  5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (8/6/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver