Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA FAI UNHA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

18 Nov 2016

É un posto temporal

O concello de Rairiz de Veiga fixo públicas no BOP do venres 18 de novembro as bases polas que rexerán a creación da bolsa de emprego, segundo decreto da alcaldesa de data 14.11.2016. Trátase dun posto de Auxiliar de Axuda no Fogar cunha duración segundo as necesidades do servizo, máximo até o 31.12.2017, tendo como tipo de contrato unha contratación temporal para obra ou servizo determinado. A xornada laboral segundo as necesidades do servizo, de luns a domingo, festivos incluídos. O sistema de selección será por concurso de méritos, e o salario bruto mensual a xornada completa será de 1.000,00 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (18/11/16), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 horas. O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver